Evento: Corazón salvaje

Corazón salvaje
venres, 2 maio, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Corazón salvaje

David Lynch, 1990

Contestada Palma de Ouro en Cannes, que provocou críticas furibundas. Quizais o argumento dun presidiario que escapa coa súa moza a California mentres a súa sogra contrata un asasino a soldo para darlle caza e quitalo do medio non convenceu a algúns –curiosamente, no mesmo ano en que os irmán Coen arrasaban coa súa posmoderna Muerte entre las flores–. Que reo e sicario estivesen interpretados por uns desenfreados Nicolas Cage e Willem Dafoe sen dúbida non axudou a acalar as voces máis acomodaticias. O filme é unha viaxe psicotrónica, unha road-movie en toda regra, que foxe deliberadamente de toda convención. Máis aló da polémica inicial, hoxe é obra de culto.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Sinais. Programa 1.
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Unha aproximación ao volcán
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Betzy Bromberg. Programa 1.
4 de xuño
Filmoteca de Galicia
Jeannette Muñoz. Programa 1.
5 de xuño
Filmoteca de Galicia