Evento: Carme, a cantareira da aldea
Carme, a cantareira da aldea
sábado, 24 maio, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Carme, a cantareira da aldea
Contacontos a cargo de Andamiaxe
Carmen, a cantareira de aldea é un contacontos que te adentra nunha fermosa aventura cunha nena dunha aldea galega que soña con viaxar polo mundo coa súa pandeireta máxica. A través da música tradicional, Carmen descubrirá novas amizades, vivirá momentos máxicos e aprenderá importantes valores como o respecto e o amor pola súa cultura.
Nesta actividade interactiva, as crianzas gozarán dunha historia chea de música, xogos e participación, mentres se mergullan nas raíces da tradición galega. Non faltarán cantigas, ritmos e moita diversión!
No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 6 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos do ciclo Día das letras galegas

21 de maio a 22 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña

23 de maio, 20:00
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela - Padrón - A Coruña

24 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

5 de maio a 30 de maio
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense