Evento: Samesugas+Bule+Paulo Pascual

Samesugas+Bule+Paulo Pascual
sábado, 31 maio, 2025 - 21:00
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Samesugas+Bule+Paulo Pascual

O concerto reúne a *Os Samesugas*, que celebran 25 anos de traxectoria con /"White Fire"/, un disco que reafirma a súa lealdade ao punk, garage, powerpop e hardcore con forza e sen concesións. Completan o carte...

Os Samesugas, con un cuarto de século incendiando escenarios, lanzan o seu novo disco: "White Fire". Un manifesto sonoro que bebe da tradición do Punk, do Garage, do PowerPop e do Hardcore, un disco que celebra a fidelidade a un camiño propio, sen concesións nin modas, pero tamén unha porta aberta a novas epifanías sónicas.
Gravado coa convicción de quen aínda cre na forza redentora do rock'n'roll, White Fire é ao mesmo tempo unha celebración e un renacemento. Un disco que mira cara atrás con orgullo, pero que apunta cara adiante cos puños pechados e o amplificador ao máximo.
Bule é unha banda de Pontedeume influenciada principalmente polo punk do 77, o mod revival e o powerpop. A melodía é o principal compoñente das súas cancións, onde nos contan historias cotiás, viaxan por escenas dos seus filmes favoritos ou reivindican o valor da amizade. Están activos desde 2017 e teñen editados dous EP 7’’ e un LP. A finais deste ano publicarán o seu novo disco.
Paulo Pascual é un músico de Vigo que vai acompañado do seu instrumento electrónico intanxíbel e doutros aparellos que fan soar o seu material sonoro dun xeito imprevisíbel. Do mesmo xeito que o seu theremin, a súa música emite ondas bastante atemporais, xeradas organicamente.
Despois dos concertos haberá festa con DJ Sanma.
 

Máis eventos de tipo Concerto