Evento: Vermú & Food Capitol Nº2

Vermú & Food Capitol Nº2
domingo, 25 maio, 2025 - 13:00
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Vermú & Food Capitol Nº2

Volve a Capitol unha nova e increíble sesión Vermú amenizada polos TT Syndicate e os discos de pizzarra de Mareike Philipp.

COSA PIZARRA é un proxecto de Mareike Philipp, alemá afincada en Madrid que leva quince anos movéndose no ámbito da música underground madrileña, xa sexa tocando en bandas como Monotonus, Rizoma, Chisme ou La Familia Atávica, organizando concertos marciais e marxinais coa súa promotora Altísimo ou pinchando discos de materiais variopintos.
A súa colección de discos de pizarra é unha caixa de sorpresas na que se atopan por igual xoias perdidas e clásicos populares de Jazz, Blues, Swing, Calypso, Latin, Exótica, Rhythm‘n‘Blues, Country, Novelty ou Crooner, crepitando a 78 revolucións.
TT SYNDICATE formáronse en 2012 en Porto, Portugal. Máis tarde triunfaron no High Rockabilly de Calafell, no Purple Weekend de León ou no Outono Códax Festival de Santiago de Compostela.
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola