Evento: Endless Game

Endless Game
venres, 4 abril, 2025 a domingo, 18 maio, 2025
Rúa da Fonte de Santo Antonio,
Santiago de Compostela

Endless Game

Exposición do artista coruñés Diego Cabezas

Coa mostra individual “Endless game”, que conta co patrocinio de NH Collection Santiago, o artista tráenos unha mostra da súa obra máis recente en ferro e aceiro inoxidable. Ás súas características formas esquemáticas que viran ao redor da figuración humana, atopamos tamén o reino animal. “Son máis coñecido polas caras, seguramente por unha casualidade na que o público establece un paralelismo co meu apelido pero sempre me interesaron o reino animal e vexetal”. Coméntanos este amante da natureza.
Atopamos no traballo de Diego Cabezas dúas formas distintas de acometer o seu traballo. Unha completamente esquemática, onde a liña configura a forma. E outra, onde o escultor debúxanos o contorno, establecendo un xogo co espazo. Pibota así, entre as dúas e as tres dimensións. Debuxos feitos no aire onde convivven o fondo e a forma, a figura e a contorna, o diálogo entre dentro e fóra.

 
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n