Evento: Masterclass de cómic autobiográfico

Masterclass de cómic autobiográfico
martes, 22 abril, 2025 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Masterclass de cómic autobiográfico

Obradoiro a cargo de Denis Carballás

O cómic autobiográfico é unha forma creativa de contar historias persoais a través de debuxos e palabras. É unha ferramenta para que os participantes exploren as súas emocións e experiencias cotiás de maneira visual. Nesta sesión, os participantes crearán o seu propio cómic autobiográfico en galego, o que lles permitirá reforzar o seu vínculo coa lingua de forma divertida e expresiva. A través deste proceso, non só aprenderán a comunicarse mellor, senón que tamén desenvolverán a súa creatividade e a capacidade de reflectir os seus pensamentos e sentimentos de maneira clara e accesible.

Denis Carballás é deseñador gráfico e ilustrador, graduado en Comunicación Audiovisual e con máster en Dirección de Arte Publicitaria pola Universidade de Vigo. Nos seus traballos integra elementos musicais sempre que lle é posible, o que se reflicte en proxectos como o libro Son da Cidade (Editorial Galaxia, 2022), do que é coautor.

Ademais, participa noutras publicacións como o libro infantil Alén de Estrelamares (Editorial Galaxia, 2023) e na revista británica Ethos Magazine desde 2022 ata a actualidade.

Ten realizado traballos de cartelería para varias bandas e eventos, storyboards para curtametraxes, deseño de logotipos e ilustracións para institucións como a Cruz Vermella. Sempre está na procura de novas historias que contar e persoas coas que levalas a cabo.

Coma autor de cómic, gaña o primeiro premio de cómic do Galicia Freaky Film Festival no 2023 con Máscara de gas, e o primeiro premio na categoría de Banda Deseñada dos Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra no 2024 con Vivir para volver, cómic autobiográfico protagonizado polo seu avó materno.

No salón de actos. A actividade dura 3 horas aproximadamente. Para 12 participantes de 12 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
30 de xuño a 11 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Campamento con monicreques
30 de xuño a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola