Evento: Asia oriental: visións literarias
Asia oriental: visións literarias
A fascinación polo extremo oriente supón unha constante no imaxinario occidental dende antes incluso de coñecer estas terras. Este interese deu paso ó longo do tempo á creación dunha versión ensoñada e case mitolóxica destes lugares afastados, desligada en moitos casos da realidade coa que se corresponde. Nos últimos anos continuou, pero agora abandoando esa visión fantástica e artificial da nosa mirada en favor dunha búsqueda das voces propias do continente.
Exemplo deste cambio é a celebración do fenómeno chamado Marzo Asiático, que cada ano inunda con forza as redes sociais literarias. Este movemento, creado pola editora e youtuber Magrat Ajostiernos aló polo 2019, chama a sumerxirnos na literatura procedente do leste e a compartir a experiencia baixo a etiqueta #marzoasiático.
Así, con inspiración nesta iniciativa, nace esta mostra bibliográfica que pretende reunir unha selección de obras de autoría asiática, centradas nesta ocasión en Asia oriental. Un convite a achegarnos á perspectiva oriental da man das propias autoras e autores, e descubrir a diversidade de relatos e experiencias que nos ofrecen, máis alá da imaxe ensoñada das nosas mentes.
Pode visitarse no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.