Evento: Para que non me deixes aquí soa
Para que non me deixes aquí soa
Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando o artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.
Dirección: Julia Laport RivasCreación e interpretación: Martín Gonçalves, Laura Iturralde e Julia LaportDeseño de Iluminación e audiovisuais: Laura IturraldeDeseño de escenografía e vestiario: Martín GonçalvesConfeción: Raquel CrespoEspazo sonoro: Julia LaportAxuda á produción: AGADIC - Xunta de GaliciaFoto: Martín Gonçalves
Idade recomendada: Todos os públicosDuración: 60 minLingua: galegoFoco Creadoras de escena