Evento: Charla do novelista gráfico Rubén Uceda

Charla do novelista gráfico Rubén Uceda
venres, 29 novembro, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Charla do novelista gráfico Rubén Uceda

Organizada por CNT Galiza

Cedemos o espazo para celebrar a charla do novelista gráfico Rubén Uceda, labor que leva máis de vinte anos combinando coa de agroforestal. A súa obra fala da desmemoria e a construción dun imaxinario anticapitalista. Estas son as súas obras:

Antes del Futuro, Fantasía y miedo en el capitalismo 2024. Os personaxes deste cómic son cada vez máis conscientes do rumbo ao que se encamiña a nosa sociedade por mor do cambio climático e a dependencia aos combustibles fósiles. Ante todo iso, deciden mirar de fronte ao medo que lles provoca a situación e, sen negalo nin negarse, encárano con reflexións que lles fan sentirse protagonistas do seu tempo, imaxinando e creando formas de vida comunitaria. Ao mesmo tempo relaciónanse cos poderosos, unhas veces con submisión e outras con coraxe.

Casilda Revolucionaria 2022. Novela gráfica sobre a vida de Casilda Hernáez narrado a través da sua propia voz. Casilda foi unha revolucionaria vasca e libertaria, una muller dun lume que non se apaga, unha loitadora que non perdeu a capacidade de soñar. Estas páxinas tráennos boa parte das súas vivencias e sentimentos atravesando unha das épocas máis convulsas e fascinantes do século pasado. Dito coas súas propias palabras: "Naqueles tempos o máis sublime que se podía ser era obreira internacionalista, era algo que se saía do mediocre, un sentimento superior".

Negras tormentas 2022. Esta novela gráfica narra e recrea desde unha perspectiva libertaria o proceso da guerra, a revolución social e a contrarrevolución, a través das inquietudes e vicisitudes dos seus seis protagonistas, militantes anónimos e recoñecidos de CNT e Mujeres Libres. Protagonistas que viven o amor e o odio, as vitorias e as derrotas, así como as contradicións de poñer en práctica os seus ideais. Ao longo das súas páxinas desprégase un alegato contra as guerras nas que o pobo sempre pon os mortos. Á vez que reflicte como unha inmensidade de xentes souberon autoxestionarse sobre a base do apoio mutuo, a solidariedade e o federalismo. É necesario contar estas historias da revolución social, coas súas posibilidades e os seus fracasos, porque son parte esencial dunha memoria colectiva que estivo case sempre cuberta por mantos de esquecemento e prexuízo. Esta volta ao pasado que propón Negras tormentas non é un acto de nostalxia, senón un exercicio de recoñecemento para sabernos na historia, aprender e emocionarnos.

Huerta y el Origen de las Cosas 2020. É a historia dun colectivo que decide poñer en práctica as ideas da agroecoloxía e a autoxestión. O autor traballou como agricultor nun colectivo similar durante anos; baseándose nas súas propias vivencias e en numerosas charlas e entrevistas con outros agricultores e consumidores recrea accións, debates, sucesos e atmosferas que caracterizan a este movemento, con profundidade, amor e humor. Tamén conta a historia da intensa loita dos veciños dun pobo, onde o colectivo ten a súa horta, por evitar que a especulación inmobiliaria destrúa as súas leiras. A horta e a orixe das cousas é unha fábula sobre o que somos, o que fomos e o que poderiamos ser. Unha mirada ao campo como un espazo en loita por un mañá diferente, ecolóxico, respectuoso e en harmonía co medio ambiente.

V de versoñeta 2015. Este cómic contén dúas formas de nomear e interpretar a realidade e os sentimentos que nos xera. Dúas formas de debuxar o mundo que nos rodea, o sórdido e grotesco capitalismo, mais tamén a beleza das pequenas cousas. Os textos proceden da poética de Jorge Reichmann, cuxa voz interior observa, pregunta, imaxina e soña, e as viñetas de Rubén Uceda insúflanlle unha nova vida.

Un libro que recolle reflexións fermosas e proxecta pensamento crítico.V de Versoñeta é un libro de cómic coa estrutura de tiras autoconclusivas. A inspiración gráfica inicial está na serie Macanudo de Liniers. Os textos están referenciados nos versos do poemario de Jorge Riechmann, en concreto dos 6 libros de poemas: Conversaciones entre alquimistas (2007), Rengo Wrongo (2008), Futuralgia (poesía reunida 1979-2000) (2011), Poemas lisiados (2012), Grafitis para neandertales (2019) e Mudanza del isonauta (2020). Versos e recreacións gráficas en formato de historietas que nos falan dos afectos, sexualidade, ecoloxía política, economía, movementos sociais, pensamento ecolóxico, anticapitalismo, memoria histórica, etc. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello