Evento: Contacontos para bebés

Contacontos para bebés
sábado, 21 decembro, 2024 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Contacontos para bebés

A cargo de Pablo Díaz

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

Moitos dos contos son cantados de principio a fin. 

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 9 de decembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.  

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra