Evento: Mulleres que contan

Mulleres que contan
mércores, 16 outubro, 2024 a sábado, 30 novembro, 2024
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Mulleres que contan

Mostra bibliográfica

Desde outubro de 2016 vense celebrando o Día das Escritoras, unha conmemoración que pretende recuperar e facer visible o legado de tantas mulleres escritoras, así como combater a discriminación sofrida ao longo da historia. A data elixida para esta conmemoración é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Tareixa de Xesús.

Na Biblioteca Ánxel Casal querémonos unir a esta celebración con esta mostra titulada “Mulleres que Contan”. Reivindicamos, tamén así, o conto e o relato curto como xénero literario, unha forma de escritura caracterizada pola intensidade dos textos, o dominio da redacción e a estrutura duns textos que, pese a súa aparente intranscendencia, conseguen reflectir verdades imperecedoiras.

Agardamos que vos guste.

Pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Concha Jerez e José Iges. Resignificaciones
14 de febreiro a 1 de xuño
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5