Evento: XI Foliada de Melide
XI Foliada de Melide
XI Foliada de Melide
Tres días de foliada con música, exposición e máis actividades
Completo programa de actividades para estes tres días en Melide, contando coas actuacións centrais seguintes:
24 abril na Casa da Cultura a partir das 22:00h.
- Os Melidaos: “Os gaiteiros que cantan”. O grupo naceu en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar.
- Tromentelos: “Folk de velcro”. Tras anos de experimentación, ao fin deron coa fórmula axeitada que expresa as súas inquedanzas e que reflicte o seu gusto polo ecléctico.
25 abril na Praza das Coles a partir das 24:00h
- Habelas Hainas: son catro rapazas cuxa versatilidade vai alén do feito de seren multiinstrumentistas e lévaas a explorar outros eidos artísticos como a teatralidade e as artes pláticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro.
- Sacha na Horta: nace no 2007, a partir de aí foise definindo un estilo propio, que deron en chamar "agro-punkchanga", no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan.
25 abril na Praza das Coles:
- 18:00h. Najla Shami: Cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait.
- 20:00h. Os Diplomáticos de Montealto: grupo de música rock formado no barrio de Monte Alto (A Coruña) e encadrado como un dos máximos representantes do movemento bravú.
O programa completo atópase como adxunto
Ligazóns
Descargas
Máis eventos de tipo Festival