Evento: Carlos Crespo e Kris K DJ

Carlos Crespo e Kris K DJ
luns, 9 setembro, 2024 - 19:30
Rúa Salgado Moscoso,
Ribadavia

Carlos Crespo e Kris K DJ

O programa FalaRedes leva sesións de DJ aos concellos da RDL, a mellor música contemporánea galega e en galego.

A música feita en Galicia e en galego está vivindo un momento de excepcional esplendor creativo e de receptividade por parte do público, especialmente da mocidade.

O obxectivo destas sesións é dar a coñecer e celebrar dun xeito ameno e festivo -ao mesmo tempo que a xente baila e se divirte- os principais expoñentes da actual música galega nos seus máis diversos estilos (pop, rock, rap, tradicional, electrónica…), así como aos grupos e artistas que os precederon nas últimas décadas e que foron abrindo camiño, posibilitando chegar ao status actual.

Descargas

Máis eventos de tipo Espectáculo

250813_cartel_feas
As Josefas
13 de agosto
Centro Social de Feás.
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi
Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña