Evento: Atardecer no Gaiás-Cosmic Wacho
Atardecer no Gaiás-Cosmic Wacho
venres, 9 agosto, 2024 - 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela Atardecer no Gaiás-Cosmic Wacho
Este 2024 o ciclo */Atardecer no Gaiás/* trae *16 concertos gratuítos,
os xoves e venres entre o 4 de xullo e o 30 de agosto*, para gozar dos
mellores solpores do verán en Compostela.
Usando a cumbia, filla predilecta do ritmo latinoamericano, como nave nodriza, Cosmic Wacho (dúo formado polo malagueño Aless e o arxentino Franco Felice) recrea un universo musical onde os Meridian Brothers toman tequila con C. Tangana. Un baño de burbullas en pleno mar tropical que aposta por tender pontes entre os sons latinos e a vangarda urbana. Con dous discos e hits como Botecito, Caramelo o No soy malo prometen unha experiencia de baile efervescente e relaxante á vez.