Evento: Non é unha canción | Souvenir
Non é unha canción | Souvenir
David e María, vestidas para iren de vacacións, preséntannos o espectáculo que imos ver. Non é unha canción, pero é algo parecido. Algo pasa entre elas, pero non é posible entender que é. Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido. Algo raro lle sucede ao espazo ou está o espazo facendo algo raro con María e David? Non é un espectáculo, pero é algo parecido. En Non é unha canción, Souvenir explora o universo do turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor acedo e absurdo.
ADULTO
TEATRO CONTEMPORÁNEO E ARTES DO MOVEMENTO
75 MINUTOS
Dirección e dramaturxia: María de las Llanderas David Alonso
Iluminación e escenografía: Violeta Martínez Rivera
Vestiario: Daniela Rodas e Carmen Triñanes
Espazo sonoro: David Alonso
Asesoría de movemento: Olga Cameselle
Fotografía e vídeo: Iria Casal
Construción de escenografía: Daniel Rodríguez
Técnica de son e audiovisuais: Sol Álvarez
Interpretación: María de las Llanderas David Alonso