Evento: Holi Gaiás 2024

Holi Gaiás 2024
sábado, 8 xuño, 2024 - 11:30
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Holi Gaiás 2024

O *sábado 8 de xuño* volve a *Holi Gaiás* á Cidade da Cultura e vén con novidades, porque temos preparada unha *Peque Holi* para a cativada entre 4 e 9 anos!! A sexta edición desta carreira lúdica, familiar e ...

sábado 8 de xuño volve a Holi Gaiás á Cidade da Cultura e vén con novidades, porque temos preparada unha Peque Holi para a cativada entre 4 e 9 anos!! A sexta edición desta carreira lúdica, familiar e festiva xa está en marcha para que poidades gozar en familia ou coas amizades dunha proba deportiva na que un dos máximos atractivos é enzoufarse na súa tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.  
A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.
Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de AtletismoGadis e Coca-Cola, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India. 
A proba conta, ademais, con animación previa e posterior, cun quecemento animado con música e baile e un fin de festa tamén musical.
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense