Evento: Danza 3 | O Fiadeiro

  • Espectáculo de música e baile tradicional Danza 3
Danza 3 | O Fiadeiro
venres, 17 maio, 2024 - 19:30
Praza Maior,
Ribadavia

Danza 3 | O Fiadeiro

Actuación musical da agrupación O Fiadeiro, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

No Día dás Letras Galegas, a agrupación O Fiadeiro sae ao encontro do público na Praza Maior de Ribadavia, para ofrecer un repertorio de pezas musicais recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadores e tocadoras.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, Ou Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 localidades galegas ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña
Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto
Praza da Igrexa
Os Bolechas e o gran reto
27 de agosto
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
30 de agosto
Praza da Constitución