Evento: The Godfathers
The Godfathers
The Godfathers
Actuación da súa Xira do 30 Aniversario
O quinteto londiniense remozouse, pero mantén á fronte da formación a Peter Coyne (voz e guitarra) e Chris Coyne (baixo), os irmáns fundadores da banda e a súa perenne célula creativa.
Na súa discografía atópanse álbums capitais do rock británico máis musculoso, apaixonado e sincero.
En 2015 The Godfathers cumpren trinta anos como banda en activo e celébrano coa súa xira.
Ligazóns