Evento: Lúa Mosquetera “El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo”
Lúa Mosquetera “El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo”
“El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo” presenta a Lúa Mosqueteira recitando poesía nunha xira de teatros.
O protagonismo teno a forza da palabra e os temas tratados (feminismo, perda, precariedade económica, ansiedade, empoderamento). As palabras de Lúa irán acompañadas pola música en directo de Pablo Seijas (guitarra acústica, ukelele, piano), así como dalgunhas pezas visuais.
Este show non é nin pretencioso nin espartano. Pretende ser, simplemente, un paréntisis. Para parar dentro deste vórtice que é a vida moderna e descubrir que a poesía reside, todo o tempo, nas pequenas cousas. Para entender, ao saír do teatro, que investir tempo en escoitar a Lúa, é investilo en escoitarnos a nós. Para non perdernos, nunca máis, ningún baile.