Evento: 1888. Señorita Xulia

1888. Señorita Xulia
sábado, 17 maio, 2025 - 20:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

1888. Señorita Xulia

Unha versión rompedora e sexy do clásico de August Strindberg. Un dos textos máis polémicos da historia. Para os amantes do thriller psicolóxico e do cine negro.

Adaptación do clásico de August Strindberg de 1888. A señorita Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados.  Durante a velada, seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes... O texto de Strindberg sorprende –e atemoriza– por actual e contundente. É posible a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?

  • Dirección: Xoán C. Mejuto e Iria Ares
  • Elenco: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares
  • Deseño de iluminación: Antón Arias
  • Deseño sonoro: Alberto Beade
  • Caracterización: Mara Collazo Vestiario: Estudo Momento
  • Deseño de escenografía: Xoán C. Mejuto
  • Produción: Estudo Momento
  • Co-Produción e residencia técnica: Concello de Arteixo

Máis eventos de tipo Espectáculo

A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal