Evento: Música en banda deseñada
Música en banda deseñada
Desde os anos 50 do século pasado a música sempre tivo unha forte relación coa banda deseñada. Esta relación intensifícase coa contracultura na que ámbalas dúas formas de expresión toman moito protagonismo.
A vida dos músicos e músicas, e mesmo a súa obra, víronse fielmente representadas nos cómics, incluso moitas cancións son representadas coa linguaxe da banda deseñada. Non son poucas as persoas que se dedican ás dúas disciplinas.
Para que goces desta combinación, na Biblioteca Ánxel Casal seleccionamos diferentes novelas gráficas para que poidas ler en viñetas a vida dos e das artistas e a historia das bandas e dos estilos musicais.
Pode visitarse na planta baixa, na zona da hemeroteca durante o horario de apertura da biblioteca.