Evento: Presentación do libro "Alta mar, mar aberta" de Alberto González-Garcés Santiso

Presentación do libro "Alta mar, mar aberta" de Alberto González-Garcés Santiso
mércores, 4 outubro, 2023 - 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Presentación do libro "Alta mar, mar aberta" de Alberto González-Garcés Santiso

Alberto González-Garcés Santiso presenta o seu libro "Alta mar, mar aberta”, un poemario en galego que se mergulla no seu carácter máis íntimo e sentimental. O libro é unha autobiografía poética, que ao lado das idas e vidas polas que os labores e os sucesos o foron levando, non faltan os aspectos dolorosos da existencia. E, ao lado da fiel e sentida homenaxe á súa familia, non deixa de xurdir a preocupación pola morte e o paso inexorable do tempo: os temas de hoxe e de sempre na condición humana.

Alberto González-Garcés Santiso é doutor en Bioloxía Mariña. Foi director do Centro Oceanográfico de Vigo, dependente do Instituto Español de Oceanografía; director do Centro Tecnolóxico do Mar –Cetmar–; e presidente do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca da Unión Europea”.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal