Evento: En busca do tesouro
En busca do tesouro
En busca do tesouro
Obradoiros de verán no Museo Massó
Obradoiro infantil, a partir de 6 anos.
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que encontrar as diferentes partes dun quebracabezas, coma se dun tesouro se tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os motivos comerciais que a impulsaron.
O obradoiro terá entre unha hora e hora e media de duración.
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.