Evento: Superchica
Superchica
Superchica, a máis incrible de todos os superheroes, enfróntase a un enigmático e complicado caso, o roubo de todos os peluches da cidade. A nosa heroína infiltrarase no almacén dos 4 Súpermalotes -o Capitán Empanada, Súper Raio, Doutor Enredo e o Home do Saco-, coa intención de recuperalos. Con todo, Superchica enfróntase a un contratempo maior que o destes esperpénticos viláns, perder todos os seus poderes. Conseguirá recuperar os peluches dos nenos? Derrotará co seu enxeño aos 4 Supermalotes?
Superchica é unha montaxe de teatro familiar, a golpe de humor e aventura, en clave de debuxo animado, que pon en valor a igualdade de xénero, a resolución de conflitos e a visibilidade feminina nun universo, o dos superheroes, tradicionalmente masculino. Unha homenaxe aos cómics e debuxos animados que tanto nos fan soñar.