Evento: A maga Fani: Mar, Terra e Lingua

A maga Fani: Mar, Terra e Lingua
sábado, 9 setembro, 2023 - 17:30
Centro Sociocultural Graxal,
Cambre

A maga Fani: Mar, Terra e Lingua

Espectáculo de maxia.

É unha escolla de feitizos nuns diálogos rebuldeiros para toda a audiencia, co fin de manifestar  o bo facer do noso idioma, de visibilizar moitas das súas posibilidades, de animar á súa utilización para novos e novas falantes, de mudar pensamentos pretéritos e ideas preconcibidas relacionadas coa nosa cultura, sociedade etc.

Verdadeiramente, somos ditos@s  ao dispor do galego. Coa súa beldade e forza podemos comunicarnos, ora facendo tratos e negocios, ora coñecendo xente e empatizar con ela,…e viaxar, convivir, cavilar ou matinar.

Podémolo compartir directamente con preto de trescentos millóns de persoas! ...e aprender das demais linguas e individuos!. A realidade non é estática: todo, incluído ás linguas, están en constante proceso de cambio!.

Esta obra quere amosar que, da bravura do noso mar e da capacidade produtiva desta terra, agroma unha fala para namorar á sociedade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Os tres porquiños
19 de xuño
Casa Cultura