Evento: Revolta Do Umia 2023

Revolta Do Umia 2023
venres, 25 agosto, 2023 a sábado, 26 agosto, 2023
Vilar de Mato,
Cuntis

Revolta Do Umia 2023

Festival de música.

O festival A Revolta do Umia, que se celebra na aldea pontevedresa de Vilar de Matogueira, xa ten data para a súa próxima edición. A música volverá invadir as rúas deste pequeno núcleo rural os días 25 e 26 de agosto, pero haberá moitas actividades máis, como talleres de cerámica, de percusión ou proxeccións de curtametraxes, ademais dunha zona de acampada para os asistentes.

O cartel provisional incorpora un total de 17 nomes, entre grupos e dj´s. Entre as bandas confirmadas inclúense a Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Eladio e os seres queridos, Mundo prestixio, Fillas de Casandra, Solar Coroa, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, Duendeneta e Xaby dj.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos