Evento: Festival Sinsal 2023
Festival Sinsal 2023
O festival galego, que celebrará a súa nova edición, manterá un ano máis a tradición do cartel secreto e revelará cada xornada as bandas participantes no momento en que o público desembarque na illa, situada no corazón das Rías Baixas
Neste 2023, Sinsal SON Estrela Galicia contará con tres xornadas de música en directo, contacto estreito coa natureza e unha viaxe en barco, de ida e volta, desde o litoral ata San Simón. A illa será, un ano máis, cabeza de cartel da cita: máis aló do seu espectacular emprazamento, é unha xoia patrimonial desde o punto de vista ambiental e histórico. San Simón foi inspiración na lírica medieval, lazareto no século XIX e campo de concentración na guerra do 36.
A extensión do Sinsal na illa de San Simón acolle desde fai catro anos uno dos eventos máis fermosos e especiais de cuantos festivais hai durante o ano. En horario diúrno, por toda a illa, desde as doce da mañá ata o atardecer, artistas de todo o mundo xúntanse para presentar a súa música a nenos, adolescentes, adultos e maiores nunha experiencia única e sen precedentes en España.
Máis eventos de tipo Festival