Evento: Contos para dar e tomar
Contos para dar e tomar
No marco do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo estará con nós a contacontos Raquel Méndez con “Contos para dar e tomar”.
Os contos existen desde sempre para enfrentar o frío, o medo, nacen da palabra, do xesto e da voz. Son patrimonio universal dunha imaxinación colectiva de culturas diferentes.
Mediante a narración destacamos a importancia de achegar a tradición oral de contos de diferentes países para compartir realidades culturais.
En “Contos para dar e tomar” as historias percorren polo aire milleiros de quilómetros, crecen, mudan, transfórmanse e mestúranse.
Son contos sen dono, contos de todos os tempos, de todos os lugares, nunha viaxe polo mundo a través das lendas e dos contos da editora OQO.
No salón de actos. Para nenas e nenos a partir de 4 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Cando remate a actividade, Raquel Méndez acompañará ás persoas que queiran á Praza da Quintana onde se está a celebrar a SELIC.