Evento: A orquestra dos paxaros

A orquestra dos paxaros
sábado, 3 xuño, 2023 - 19:30
Forum Metropolitano,
A Coruña

A orquestra dos paxaros

Espectáculo de teatro.

A orquestra dous paxaros é unha peza teatral en tres actos que, da man dun profesor de Química, pon no escenario a procura dun tratamento  químico limpo para descompoñer as bolsas de plástico que tanto emporcallan os mares, praias, campos e cidades do mundo.

O contrapunto á acción do cientifico e a parte poética da peza ofrecerana unha parella de noivos que achegará a súa visión para poñer freo á contaminacion que está a sufrir o planeta.

Noutro plano aparecerán os intereses economicos representados polos fabricantes de bolsas de plastico, que só se inquedarán pola preocupación de obter rendabilidade a súa actividade industrial.

Tamén serán personaxes centrais na peza, os atracadores, que enviados pola parte con intereses económicos nesta historia, tentarán de poñer freo ás intencións  do profesor.

Na banda intermedia aparecerán os que representarán aos poder institucionais: unha Delegada Xeral de Medio Ambiente, o seu asesor e unha coordinadora xeral.

Desfilarán tamén polo escenario os limpadores do laboratorio de medioambiente, que conformarán a  voz do pobo, e desenvolverán a voz máis critica da acción.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés