Evento: Alba Barreiro Trío

Alba Barreiro Trío
mércores, 19 xullo, 2023 - 19:00
Pazo Quinteiro da Cruz,
Ribadumia

Alba Barreiro Trío

Concerto de música clásica.

Eixos cromáticos levarannos nunha viaxe da man do trío da recoñecida arpista viguesa Alba Barreiro, acompañada por Margarida Mariño e Pablo Mera a través dalgunhas das composicións de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay. A súa obra orquestral e pianística é transcrita e arranxada por Alba Barreiro para arpa soa e trío formado por frauta, violoncelo e arpa, co fin de ampliar o repertorio para este instrumento con música da nosa terra.

Este proxecto discográfico vira ao redor do concepto de cromatismo, moi presente na obra destes dous autores con dous eixos que unen os seus estilos compositivos destes compositores coas propias características do arpa. Mentres que Gaos utiliza unha harmonía moi cromática e con continuas modulacións que aproveita á perfección o arpa co seu sistema elaborado de pedais, Bal y Gay basea o seu estilo en continuos contrastes tímbricos, utilizando a instrumentación e xogos tonales traducidos a este instrumento nun gran abanico de sons e efectos postos en diálogo coa frauta e o violoncelo.

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Danzamos no verán!!!
20 de xuño
CPI de Pontecesures
Saurom
20 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Carlos Varela
21 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5