Evento: Con Pocas Luces The Show

Con Pocas Luces The Show
xoves, 1 xuño, 2023 - 20:30
Cine Teatro Salesianos,
Vigo

Con Pocas Luces The Show

Espectáculo de humor.

Este espectáculo nace dun podcast. Estamos ante un podcast guiado por Carlos Veleiro (@carlosveleiro) e Eva Rico (@eva_rico_) no cal, a coherencia brilla pola súa ausencia, a risa aprópiase do lugar e a tontunada métese nas vosas mentes ao máis puro estilo monstruito de Stranger Things.

Eva Rico, nacida en 1987 ás 11:30 dun sábado, é das que prefire remolonear un pouquiño máis entre as sabas ou o útero para levantar as rúas da cidade. De mente soñadora, creadora e vibrante, estudou Son e Realización, podendo compartir momentos de radio durante 7 anos con miles de galegos e galegas. Con acento da Estrada e paso firme vigués, garda retranca e inquietudes varias no seu haber que, sen dúbida, contará aos seus fillos, netos e a quen lle deixe.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés