Evento: Tesouro Espeleolóxico Galego

Tesouro Espeleolóxico Galego
mércores, 24 maio, 2023 - 20:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

Tesouro Espeleolóxico Galego

Presentación do libro do Clube Espelelóxico Galego e a poeta Alba Cid.

O volume Tesouro Espeleolóxico Galego reúne unha inmensa variedade de fontes para ofrecernos unhas acreditadas memorias do subterráneo. Textos e imaxes esenciais que conforman unha enciclopedia das crenzas, mitos e saberes dun mundo subterráneo poboado por fascinantes personaxes; un modo alternativo de nos adentrar en episodios históricos e grandes lendas da cultura galega, desvelar o contido simbólico do inframundo e avanzar na comprensión dun extraordinario escenario xeolóxico e máxico que acolleu a primeira historia da humanidade. Todo recollido en máis de 500 páxinas con textos e fotografías históricas, documentos sobre as covas, furnas, tuneis, minas,… que hai e houbo na Galiza administrativa, na próxima ou que galegas describiron doutros lugares. Un traballo de documentación realizado en 30 anos polo C.E. Maúxo. Nela compílanse os escritos e as imaxes da espeleoloxía galega editados antes do 12 de setembro de 1969, data na que se crea o denominado “Comité Regional Gallego de Espeleología” e comeza unha nova etapa que dará lugar a fundación da actual Federación Galega de Espeleoloxía, da que forma parte o Clube Maúxo desde 1992. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal