Evento: Paco Ibáñez

Paco Ibáñez
venres, 9 xuño, 2023 - 21:00
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Paco Ibáñez

Concerto do cantautor.

Paco Ibáñez, convertido en lenda viva e punto de referencia para varias xeracións, ofrécenos no seu concerto de Vigo, un concerto homenaxe a Carlos Oroza.

As súas cancións transpórtannos a un espazo de amor e liberdade, un espazo de resistencia ante a inxustiza, a violencia e o horror, un espazo que reivindica o humanismo fronte á barbarie do s.XXI.

A súa voz e as súas cancións acompañaron a unha xeración reivindicativa que as converteu en himnos que a través do tempo seguen soando cada vez que xorde un clamor pola liberdade.

Paco Ibáñez simboliza a miles e miles de vidas, as de todas as xeracións que loitaron e as que seguen loitando e que o deron todo, que todo o sacrificaron polas súas ideas , as súas cancións renden homenaxe ao seu paso pola historia. Á súa dignidade.

  • Paco Ibáñez - A galopar

Máis eventos de tipo Concerto