Evento: Tony Delgado

Tony Delgado
domingo, 28 maio, 2023 - 12:30
O Lar das Artes de Matamá,
Vigo

Tony Delgado

Concerto do vigués con alma flamenca.

Vigués, de sangue malagueño, profesor de guitarra flamenca na Casa de Andalucía de Vigo e membro do grupo Aires Andaluces, presentará un concerto de versións sevillanas, rumberas e por suposto flamencas.

Tony Delgado é un vigués, de sangue malagueño, profesor de guitarra flamenca na Casa de Andalucía de Vigo. Ademais ao longo de varios anos foi membro do grupo Aires Andaluces. Tony Delgado é un músico e un guitarrista moi peculiar. Pon na súa profesión moito corazón, traballo e alma. A súa arte é moi grande e ademais onde vai actuar sempre se organiza unha boa festa.

Nesta ocasión tocará xunto co Primo, de cal lle adoita acompañar nos seus directos co seu caixón e o seu instrumentos de percusión. Tony Delgado destaca polas súas versións de sevillanas, rumberas e por suposto flamencas. Ademais o escenario estará aberto a outros músicos e «amigos» que queiran participar no evento.

Máis eventos de tipo Concerto