Evento: Maneiro
Maneiro
Maneiro
«Maneiro» presenta o seu álbum «Un Bonito Despertar»
Despois da paralización da última xira do grupo "Heredeiros da Crus" , do que Javi Maneiro é o seu vocalista dende os inicios, e xa totalmente recuperado, "Maneiro" lanza un novo álbum cheo de enerxía, a mesma enerxía que motivou a súa recuperación. Un álbum que recolle a experiencia desde ese día ata hoxe.
“Maneiro” é unha poderosa banda de pop/rock coa que interpretará os novos temas
Os numerosos fans da súa longa traxectoria artística serán felices ao comprobar a súa total recuperación tanto física como artística, e gozarán da presentación do pop/rock polo que transitan os seus novos temas.