Evento: Nos queda la palabra, centenario Carlos Oroza

Nos queda la palabra, centenario Carlos Oroza
venres, 9 xuño, 2023 - 21:00
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Nos queda la palabra, centenario Carlos Oroza

Homenaxe con motivo do centenario do nacemento do poeta.

Paco Ibáñez ofrecerá un concerto no Mar de Vigo programado, ademais, dentro da xira Nos queda la palabra que o cantautor ten preparada para este ano 2023. A reivindicación do humanismo fronte á barbarie do S.XXI, un concerto excepcional e irrepetible.

Desta maneira, o concerto céntrase en dúas particularidades:

Por unha banda, o cantautor interpretará catro ou cinco temas en galego, un deles co poeta vigués Antonio García Teijeiro.

Doutra banda, o concerto enfócase como homenaxe a Carlos Oroza no centenario do seu nacemento. Algo que será sinalado polo propio Paco Ibáñez dedicando unhas palabras ao mesmo.

A asociación Évame Oroza organizará un acto previo ao concerto en recordo a Oroza, no que dous ou tres coñecidos poetas recitarán os seus versos e proxectarase un vídeo de 10 minutos con Oroza como protagonista.

No auditorio expoñeranse diferentes elementos (fotografías e obxectos relacionados con Oroza e o centenario). 

Presentarase no mesmo acto un libro titulado «Oroza 100» publicado pola asociación onde, 100 persoas, escritores, músicos, intelectuais participan lembrando ao poeta. Entre eles atópanse recoñecidas figuras da cultura a nivel nacional que apoian este centenario.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo