Evento: Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega
Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega
Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega
Exposición de arte.
A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan estendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa. Unha historia da arte paralela á institucional que reúne o traballo de diferentes xeracións de creadoras combatendo os estereotipos de xénero con feitos históricos como o que demostran que o primeiro grafiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984.
Ligazóns