Evento: A nube grande, grosa e gris
A nube grande, grosa e gris
Ista é a historia dunha nube viaxeira, que despois de percorrer mundo e acumular auga e máis auga fíxose grande, grosa e gris.
Agora necesita chover e buscará un lugar onde a súa auga sexa proveitosa e limpe rúas, regue campos e encha ríos. Pero cada vez que tenta chover alguén o para, debido a que "nunca chove a gusto de todos". Conseguirá chover e axudar alguén?
Maletas que viaxan coa nube e que abren mundos máxicos cheos de sorpresas e pequenos monicreques. Cancións e música en directo acompañan a historia desta nube grande, grosa e gris.
Desde Teatro al Detall puxemos toda a nosa experiencia teatral neste pequeno espectáculo, feito con moito amor, que deixa abraiados os pequenos e emocionan os maiores. Un espectáculo próximo, con todo o noso estilo e toda a nosa poética ao servizo dos primeiros espectadores.