Evento: Maxia de aquí e de acolá
Maxia de aquí e de acolá
sábado, 29 abril, 2023 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Maxia de aquí e de acolá
A cargo de David Méndez
Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas, etc. Elementos que poden emerxer da nada, desaparecer, levitar ou cambiar de aparencia.
No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.