Evento: David Bisbal

David Bisbal
sábado, 16 setembro, 2023 - 21:30
Coliseum,
A Coruña

David Bisbal

Concerto do artista almeriense.

David Bisbal é un cantante español que alcanzou a fama a principios da década dos 2000 ao quedar segundo finalista da primeira edición de Operación triunfo 2001. En novembro de 2022, recibiu por parte de Universal Music o galardón de cuádruplo disco de diamante polas vendas de 4 millóns de copias a nivel internacional de toda a súa discografía.

O 3 de xuño foi publicado o seu primeiro álbum Corazón latino a través de Vale Music. Foi gravado entre Barcelona, Nova York e Miami con produción de Kike Santander. O álbum alcanzou o número uno na súa primeira semana de debut, batendo récord de vendas e manténdose durante sete semanas consecutivas no número uno das listas de vendas de España. Ese ano, grava un pequeno disco promocional chamado Grandes baladas con 4 versións de baladas clásicas como El día que me quieras, Contigo en la distancia e unha versión en español de Nothing's gonna change my love for you.

  • David Bisbal - Ajedrez

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo