Evento: Visions of Atlantis

Visions of Atlantis
martes, 11 abril, 2023 - 20:30
Sala Rebullón,
Mos

Visions of Atlantis

Concerto de power metal .

Visions of Atlantis é unha banda de Power metal sinfónico que ten a súa orixe en Estiria,  Austria, e foi fundada no ano 2000. A inspiración veu tanto da exitosa banda de power metal sinfónico Nightwish como do mito da Atlántida. A combinación igualitaria de voces masculinas e femininas distingue a Visions of Atlantis de Nightwish, e faia lembrar máis a bandas como Lacuna Coil.

Fascinados polo mito da Atlántida, Werner Fiedler, Thomas Caser, Christian Stani e Chris Kamper decidiron en agosto de 2000 elaborar un concepto inspirado no secreto da Atlántida. A finais de verán, a mezzosoprano Nicole Bogner uniuse ao proxecto, e así naceu de Visions of Atlantis. Un primeiro demo, Morning in Atlantis foi lanzado no 2000.

En 2001 asinaron con TTS Media Música/Black Arrow Productions, e en 2002 o seu primeiro álbum, Eternal Endless Infinity foi lanzado.

En 2003, a banda tivo algúns cambios na aliñación: a substitución do vocalista masculino Christian Stani con Mario Plank, e Chris Kamper con Miro Holly.

  • VISIONS OF ATLANTIS - Legion Of The Seas (Official Video)| Napalm Records

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura