Evento: Quinkillada + Trapallada

Quinkillada + Trapallada
venres, 24 marzo, 2023 - 21:00
Sala Karma,
Pontevedra

Quinkillada + Trapallada

Concerto de música de verbena galega.

A Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova. A mestura de ritmos latinos coa rumba máis quinki fará que baile todo aquel que se deixe levar polos temas do seu primeiro disco: "Gozar, Sentir, Bailar".

Trapallada é unha banda de ska punk formada no 2004 no barrio coruñés de Monte Alto. Na súa traxectoria suman case vinte anos nos escenarios e máis de seis traballos discográficos.  Mesturando ska, punk, rock ou reggae conseguen un son potente e festivo, con letras en galego que falan da realidade que os rodea, a defensa dos dereitos individuais e colectivos, o rexeitamento de actitudes fascistas, machistas e que atenten contra a liberdade das persoas. Neste momento a banda atópase na xira de presentación do seu novo disco “Eoé! Ao vivo na Pobra” que rexistra o seu concerto no Festival Entrebateas 2017. Cun directo fresco e dinámico, esta formación composta por dez músicos promete enerxía para non deixar indiferente a ninguén.

  • Quinkillada - Festival (Videoclip oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes
Candlelight: Queen vs. ABBA
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Tributo a Coldplay
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5