Evento: Terraceo Fest: Curtis Harding
Terraceo Fest: Curtis Harding
O estadounidense Curtis Harding é un nome que está a achegar aire fresco á escena do retro-soul, xusto neste quinquenio e medio no que os fans do indie descubrírona, ou andan descubríndoa, aínda que ás veces con discos que capturan o son pero non o sentimento daquel rhythmn´blues que perseguen coñecer. Porque Curtis Harding, desde a súa versatilidade, si funde paixón con intensidade ao afrontar o clasicismo, e tamén sabe de que vai iso da actitude e o nervio no rock indie e o garagero. El si capta aquel sentimento e sabe como unir iso con soul, blues, gospel, psicodelia e rock ata dar coa fórmula dun estilo con aura propia que bautizou como slop n soul (refugallos e soul, unha metáfora coa que quere simbolizar a cultura do sur estadounidense, o que lle dás aos porcos, comentou cun evidente punto de ironía).