Evento: Detrás do espello

Detrás do espello
martes, 7 marzo, 2023 a domingo, 11 xuño, 2023
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Detrás do espello

Exposicións e intervencións.

Detrás do espello propón unha visión de Galicia a través da mirada de 50 recoñecidos nomes das artes, a ciencia ou o pensamento do último século e medio, homes e mulleres relevantes na historia da cultura universal que profundaron na realidade galega ou se deixaron inspirar por ela.

Ao percorrer esta exposición atoparemos a pegada de Galicia na vida ou na obra de García Márquez, Albert Einstein, Miles Davis, Ernest Hemingway, Luís Buñuel, Federico García Lorca, Julio Cortázar, Mike Oldfield, David Chipperfield, Anna Turbau ou Isabel Coixet, entre outros.

O proxecto está comisariado polo xornalista e xestor cultural Xosé Luís García Canido e polo escritor, músico, produtor e director audiovisual, Antón Reixa. A mostra componse dunhas 300 pezas, a maior parte delas documentos, cartas, fotografías, carteis ou manuscritos, incluíndo tamén unha vintena de audiovisuais e unha reducida selección de obxectos simbólicos, como a gaita e o Premio Grammy de Paddy Moloney ou unha instalación do artista Hamish Fulton.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n