Evento: Travesías : aventuras de libro
Travesías : aventuras de libro
venres, 31 marzo, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Travesías : aventuras de libro
Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.
Nesta sesión de contacontos agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños
-Público familiar, a partir de 5 anos
-Entrada libre ata completar aforo