Evento: 18ª MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

18ª MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
mércores, 15 marzo, 2023 a martes, 21 marzo, 2023
Rúa de San Pedro, 2,
Santiago de Compostela

18ª MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico xorde en 2006 e celebrará a súa décimo oitava edición do 15 ao 21 de marzo de 2023 no Museo do Pobo Galego, na Sala Numax e no Teatro Principal.  

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego acada este ano a maioría de idade. A cita, do 15 ao 21 de marzo en Santiago de Compostela, abre a temporada anual de festivais e mostras galegos de cinema.
Esta edición da MICE, a sétima como festival internacional con seccións competitivas, estará centrada na rururbanía. Un concepto definido en relación a aqueles espazos, continuos ou híbridos, xurdidos dun proceso de urbanización de lugares do rural. Zonas de intersección nas que aparecen o conflito e o desencontro, pero onde tamén xorden novas formas de resistencia, de socialización do patrimonio ou de prácticas culturais. O rururbano, analizado desde o cinema etnográfico e a antropoloxía audiovisual, será a temática que artelle toda a programación da MICE, desde as seccións a concurso (Galicia e Internacional), ata as seccións paralelas (Trazas, Lindes e Impropias), así como as accións formativas destinadas a público profesional e escolar, e o resto das actividades.

A formación para profesionais nesta edición estará a cargo do Laboratorio deAntropoloxía Audiovisual Experimental (LAAV), con Chus Domínguez e Belén Sola, que impartirán o taller “De quen é a historia? . 12 horas de formación especializada que terán lugar o luns 20 e o martes 21 de marzo. inscripción pode realizarse do 6ao 15 marzo, escribindo un correo a
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico ofrecerá unha programaciónespecífica dirixida ao público escolar, no marco da MICE Petís. Unha propostacoordinada polo DEAC (Departamento de Educación e Acción Cultural) do Museodo Pobo Galego e o cineasta vigués Bruno Arias, para achegarse, a través doaudiovisual e o documental de non-ficción, á visión da xente moza sobre a cultura eas tradicións galegas. Para iso, nesta edición ponse en funcionamento un programapiloto co alumnado de tres institutos galegos e co grupo mozo do CSC AurelioAguirre de Conxo, en Santiago de Compostela. Realizarán o proceso creativo dunhacurta etnográfica, desde a idea ata a edición final. O resultado do programaproxectarase no Museo o venres 31 de marzo.En paralelo, un ano máis, haberá sesións virtuais para os centros educativos que osoliciten. A partir do 14 de marzo e ata final de curso poderán acceder a unhaescolla de filmes etnográficos proxectados nestas dezaoito edicións da MICE,tramitando as solicitudes en servizosdeac@museodopobo.gal.
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola