Evento: Elisa e Marcela
Elisa e Marcela
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e información manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Ficha artística
Creación e Interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman Dirección: Gena Baamonde Texto: A Panadaría e Gena Baamonde Música orixinal: Ailén Kendelman Iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro Vestiario: Fanibell Deseño soporte: Beatriz de Vega Construción soporte e tea: CDG Imaxe gráfica: Noelia Castro Fotografía: Pilar Abades Vídeo: Alex Penabade Asesoría en Canto: Marión Sarmiento Produción: Ailén Kendelman Axudantía produción: Liza G. Suárez