Evento: Bicho á vista
Bicho á vista
Percorrendo as pegadas dunha nena especial e singular, unha exploradora, un bicho devorador de libros , coñeceremos como viven, por que son como son, que senten moitos bichos e animais que habitan o planeta.
Todos os animais son importantes para o equilibrio natural do noso planeta. Que temos que facer para protexelos? A Terra é tamén a súa casa, debemos coidala e respectar o dereito dos animais para compartila connosco.
A partir de historias sinxelas ofrécese información científica de forma amena e divertida.
Vide descubrir a importancia de todas as especies. Exploremos o noso mundo natural!!
Contos con manipulación de obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de tres anos.
-Público familiar a partir de 3 anos
-Entrada de balde ata completar aforo