Dinamización: #LetrasGalegas2022

#LetrasGalegas2022
Florencio Delgado Gurriarán
O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada en 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para honrar un autor ou unha autora polo seu labor de defensa e promoción do idioma e cultura de noso. Unha efeméride que foi acadando nos últimos anos grande amplitude, proxección e participación cidadá ata converterse nunha das citas máis importantes do calendario cultural galego.
Para 2022, a RAG, na súa sesión plenaria celebrada o 2 de xullo de 2021, tomou o acordo de lle render tributo e dedicarlle o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor literario e activista político e cultural do exilio galego en México. A decisión conta co apoio da Xunta de Galicia, de diferentes institucións culturais e de toda a cidadanía galega.
A Xunta de Galicia, a través das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, e da Secretaría Xeral da Emigración; en colaboración coa Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Deputación de Ourense, a comarca de Valdeorras, as editoriais Xerais, Bolanda, Ir indo e Galicia e coas empresas Renfe Viajeros, Gadisa, Vegalsa-Eroski, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e Xurdir S.L., entreoutras, impulsa unha programación institucional para renderlle tributo, dar a coñecer a poñer en valor a vida, figura e obra de Florencio Delgado por todo o territorio de Galicia e no exterior co obxectivo de facer parítcipe da celebración das Letras Galegas a toda a cidadanía.
Documentos relacionados
Novas relacionadas


27/03/2023
O director xeral de Cultura da Xunta presenta xunto ao director do centro, Jesús Torres, as actividades coas que mañá se vai celebrar os 15 anos de actividade

24/02/2023
O Goberno autonómico, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG colaboran con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais para sacar adiante un completo programa
18/02/2023
Os centros divulgan a súa figura a través dunha exposición que irá acompañada cunha guía didáctica para distribuír nos centros de ensino
20/12/2022
O secretario xeral de Política Lingüística presenta o volume, que reúne máis dunha vintena de artigos nos que se analiza en profundidade a vida e obra do escritor valdeorrés
18/11/2022
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura deste simposio que reunirá na comarca unha ducia de personalidades da cultura galega desde hoxe ata o domingo 20
06/06/2022
Inclúese nas máis de 150 actividades deste ano e percorre a vida e a obra do autor a través dunha unha selección de obxectos como cartas ou borradores de poemas, cedidos pola familia

30/05/2022
A exposición repasa a vida e obra do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas, pode visitarse na Biblioteca Pública Ánxel Casal

16/05/2022
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai entrega do galardón na modalidade de Infantil e Primaria

13/05/2022
A iniciativa, que plasmará versos de oito autores representativos en pasos de peóns, muros e fachadas de edificios, forma parte dos actos con motivo do Día das Letras Galegas

13/05/2022
Haberá concertos, xogos tradicionais e outras propostas no xacemento e o espazo museístico da Xunta os días 17, 18 e 21, con entrada libre ata completar a cabida

12/05/2022
A exposición da Xunta dedicada ao autor de Valdeorras conta con arredor de 40 pezas, entre libros, xornais, CD´s ou revistas, dos fondos custodiados no Gaiás

09/05/2022
Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura do autor valdeorrés
Ambas as entidades poñen en marcha distintas propostas para promover e fomentar a celebración das Letras Galegas

03/05/2022
O secretario de Política Lingüística, Valentín García, participa na Xornada do Día das Letras Galegas sobre o autor homenaxeado este 17 de maio

13/04/2022
O certame dedícase cada ano á persoa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas
Os centros educativos terán prazo ata o vindeiro 29 de abril para presentar proxectos realizados a través do devandito programa de bibliotecas escolares

12/04/2022
Tras Xeorxia o ano pasado, nesta edición a convocatoria diríxese a escritores galegos e irlandeses que realizarán a súa estadía na Residencia Literaria 1863 da Coruña e no Tyrone Guthrie, centro empregado desde hai anos como retiro artístico

30/03/2022
A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG colaboran con múltiples empresas, entidades, administracións locais e editoriais para deseñar un amplo programa de propostas

21/03/2022
Salienta que nestes momentos é máis necesario que nunca apoiar as manifestacións artísticas e poñer en valor o seu compoñente emocional a través de certames, premios e festivais líricos por toda a Comunidade

14/05/2021
A imaxe de Xela Arias viaxa xa nos 11 trens de alta velocidade dos corredores A Coruña-Vigo e A Coruña-Ourense
Tamén loce nos carteis conmemorativos que exhiben as principais estacións de Galicia durante este mes das Letras Galegas