Nova: A Asociación veciñal do Parque de Rosalía e Recatelo celebra o Día das Letras Galegas co apoio da Xunta

14/05/2025
A Asociación veciñal do Parque de Rosalía e Recatelo celebra o Día das Letras Galegas co apoio da Xunta
Lugo, 14 de maio de 2025
A Asociación de Veciños Parque de Rosalía-Recatelo, de Lugo, celebrará o sábado o Día das Letras Galegas cunha programación cultural e de ocio que se desenvolverá no propio parque e que conta coa colaboración principal da Xunta de Galicia.
A Delegación Territorial acolleu hoxe o acto de presentación das actividades, no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; a vicepresidenta do Parlamento, Elena Candia; e a presidenta da entidade organizadora, Marta Fernández.
A cita, que dá o protagonismo aos máis pequenos, comezará ás 17.00 horas con actividades de malabares, pintacaras e globoflexia, e incluirá ademais xogos dirixidos e unha merenda. Haberá tamén xogos tradicionais a cargo de Xotramu e a actuación musical de “Os xílgaros de Lugo”, da que se poderá desfrutar a partir das 18.00 horas.
Máis de 70 nenos e nenas están xa apuntados para participar nas actividades infantís. O prazo de inscrición segue aberto ata o xoves pola tarde e pode realizarse chamando ao número de teléfono 681 395 599.